miércoles, 18 de mayo de 2016

PLAN DE ACTIVIDADES

Marta e máis eu comezamos a organizarnos para abrir o negocio con axuda dun calendario planificamos o mes antes da inauguración, escribindo todo o que temos que facer, que non é pouco, ver o local, amueblalo, contratar a xente, publicidade...

Pero o máis custoso e que máis tempo nos leva son os trámites para ser unha comunidade de bens, con axuda dun PDF (http://www.ipyme.org/Publicaciones/ComunidadBienesCreacion-PMarcha.pdf) soupemos todo o que tiñamos que facer

martes, 3 de mayo de 2016

Punto 6 - PLAN DE INVERSIÓNS

Nun plan de inversións, organizase en que vai empregar a empresa os cartos, un punto moi importante e que todo o mundo debería facer antes de crear unha empresa, para organziar ben os seus cartos e sacarlle o maior partido.

Tivemos que incluir neste plan licencias, bens mobles, existencias, efectivo.. O máis dificil, para min, foi incluir as existencias, é dicir, aqueles obxectos que temos renovar cada mes, no noso caso cousas como maquillaxe e champú. Resultoume difícil debido a que tiven que planear máis ou menos que ibamos gastar nun mes

Mentras facía este punto dinme conta da cantidade de diñeiro que hai que gastar para facer unha empresa, e que nun primeiro momento non pensas nel, como o diñeiropara as licencias ou para ter no bamco e na caixa